Marrou, Élisabeth
Atlas de los récords / Élisabeth Marrou - Barcelona : Larousse , 2015 - 96 p. :il.cor. ; 35 cm
A Terra pesa 6 000 000 000 000 000 000 000 000 de quilos. Hai dous ríos que miden case 7 000 km de longo, a metade dos habitantes do planeta viven nunha cidade e hai 40 megalópolis con máis de 10 de millóns de habitantes. Así, de continente en continente e de país en país, este libro recolle cifras que sorprenden, fan pensar, axudan a coñecer mellor a contorna no que vivimos e, o que é mellor, entreteñen á vez que informan.
Se un libro deixa pampos aos pequenos seguro que volverán a el, empuxados pola maxia que emana das súas páxinas. Se é rechamante por fóra e entretido por dentro, o recordo non se desvanecerá facilmente. E se, ademais, o contido é interesante e presenta de forma amena os temas que tamén tratan na escola, esa obra convértese nun recurso fundamental de aprendizaxe. O «Atlas Larousse dos Récords» é todo iso. e un pouco máis.
Cada dobre páxina deste atlas é un festival de coñecementos e curiosidade, que non se esgota nin nunha nin en dez lecturas. Este libro desbordante de bo humor non deixará indiferentes aos pequenos nin tampouco pasará inadvertido aos maiores.
3º-4º Primaria 5º-6º Primaria
9788416124985
Curiosidades
Xeografía
Geografía
91